Un Camiño Mariano

por

Temos o Camiño dos Faros, o Roteiro das Fervenzas, do Megalitismo. Os Camiños xacobeos a Fisterra, Muxía. Tamén hai roteiros convidando a sabrosas tapas, viños…etc.

Poñamos agora un Camiño Mariano, desde Carballo a Santiago, indo pola coñecida estrada provincial. Saímos do adro parroquial coa bendición de Nosa Señora Nai de Misericordia. No Campo da Feira, o santuario da Virxe Milagrosa. En terras de Ardaña, a capela de Nosa Señora dos Remedios, en Vivente. Despois, a monumental igrexa de Santa María de Rus, que, con Ardaña, ten a festa no día da Asunción (15 agosto). Pola dereita, Nosa Señora da Saleta en Silván e a capela da Virxe dos Milagros en Cereixa. Entramos en Dubra con Santa María de Arabexo e Nosa Señora da Saleta en Niveiro, e saímos  da terra dubresa con Santa María de Paramos. Subindo agora cara Santiago, o santuario de Nosa Señora de Belén, con romaría na frondosa carballeira o segundo domingo de septembro.

Recíbenos Compostela coa parroquia de Nosa Señora da Peregrina, con festa polo 8 de septembro. Tamén boa carballeira á beira da igrexa, hai pouco restaurada.

Entramos en Santiago por diante da capela de Nosa Señora da Fonte. Humilde igrexa, ás veces asulagada polas augas que alí concorren.

Seguimos por Val de Deus e chegamos á Praza da Inmaculada, fronte á fachada da Azibechería. Asoman a esta praza as campás da parroquia de Nosa Señora  da Corticela. Que é a parroquia máis grande en territorio (todo o arciprestado de Xiro da Cidade) e a máis pequena en número de habitantes (unhas poucas familias estranxeiras).

Entrando na Catedral, á dereita, está Nosa Señora de Lourdes; á isquerda, Nosa Señora de Fátima e a Virxe da Soidade

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?