Vidreiras artísticas en Carballo

por

Nos tempos do románico eran os pórticos e os capiteis os que ensinaban os grandes temas do Evanxeo. Pensemos no Pórtico da Gloria como catequese para os peregrinos que esperaban alí que abriran as portas para entrar na Catedral.

Cando veu o estilo gótico(oxival) alixeiraron as paredes, alzaron as torres, abriron fiestras que acolleran vidreiras que darán luz e color no interior do templo, mesmo segundo o curso do Sol cada día. Estas vidreiras cumpren a función catequética, ornamental, que tiñan os pórticos.

Pensemos na catedral de León, chamada a “Pulchra leonina”. Semella un edificio fráxil por tanta vidreira e rosetóns, ameazada por derrumbarse con tantos niños de ciconias que ha de soportar.

Na catedral de Santiago hai unha vidreira enriba da Porta Santa, co Apóstolo sedente. Outra na capela de Sta. Catalina. Pouca cousa.

López Ferreiro deseñou o monumento do xoves santo que había na catedral coma unha obra románica en madeira,  cun rosetón de tan variados cores que parecía como se o Sol estivera dando viveza a aquela pintura.

En Carballo, na igrexa parroquial foron aparecendo artísticas vidreiras que chaman á devoción, forman o gusto pola arte e dan noticia da mensaxe do Evanxeo. Así podemos contemplar: os catro evanxelistas, as grandes parábolas, o relato de S. Xoán Bautista, os sacramentos… vale a pena pararse ante esta beleza.

Faltaba a capela da Milagrosa do Campo da Feira. Alí a devoción é crecente, a concurrencia ao novenario e festa é cada ano maior. Moitas reformas e melloras houbo neste complexo da milagrosa. Faltaban vidreiras en consonancia con todo o feito. Xa están. E teñen as seguintes ensinanzas:

Sempre a imaxe que alí se venera, coa coroa e aureola, van os títulos indicados na mesma vidreira: María Nai dos nenos, María Nai dos enfermos. Uns nenos aclaman a María e unha escena familiar dun enfermo no seu leito.

As outras dúas vidreiras son:

Un recordo para o tradicional costume que hai naquel barrio o día da festa: artísticas alfombras vexetais, que cada ano ofrecen un motivo distinto gracias á devoción,  imaxinación e pericia artística dos responsables desta obra.

Tamén a Virxe Milagrosa con Sta. Catalina Lauburé, coa medalla característica desta devoción.

Que todo nos axude a vivir e sentir cada vez máis a protección e intercesión de María Santísima sobre nós.

Así sea.

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?