Xubilación de D. Xesús Alvite Alvite, párroco de Rus e de Anxerís

por

No xa ben escaso clero de Bergantiños vén de producirse unha baixa importante por xubilación. Referímonos a D. Xesús Alvite, que atendía Rus e Anxerís e tamén por 1.987, algún tempo, a parroquia de Erbecedo.

Naceu en Vilastose, Muxía, o 22-XI-1.941. Foi ordenado presbítero polo cardeal Quiroga o 13-VIII-1.966.

O seu primeiro destino foi de coadxutor de Sísamo – Goiáns cando alí era párroco D. Ramón Varela Alvarellos.

No 1.975 pasou a coadxutor de Rus, sendo a gran axuda do ben lembrado párroco D. Xesús García Gómez. Ao finar este no 1.997, quedou o Sr. Alvite como párroco. E ó pasar D. Manuel Pena Suárez a Traba e Oca, asumíu el o cargo de Anxerís.

  1. Xesús procede de familia moi numerosa e clerical. Antecesores seus foron D. Santiago Abuelo Lado, que foi cóengo en Santiago, e D. Santiago Abuelo Alvite, párroco de Malpica. Tío materno foi D. Ramón Alvite, que finou sendo párroco de Restande-Trazo no 1.948. Alí foi sepultado, anque os familiares trasladaron finalmente as cinzas á parroquia natal.
  2. Xesús Alvite Alvite distinguiuse pola súa empatía coas feligresías que serviu, emprendeu a creación de Cáritas e a ampliación dos camposantos.

Quedou encargado de Rus, D. Xorxe Iglesias Negreira, párroco de Sofán, Entrecruces e Aldemunde. Moito traballo, gran esforzo o de D. Xorxe que merece todo eloxio. Esperanzas hai de que alguén o poida relevar de tanta carga, polo menos, servindo a parroquia de Rus.

Felicitamos cordialmente ó amigo D. Xesús Alvite pola súa xubilación, desexándolle saúde para poder disfrutala como el merece.

Velaí cincuenta e catro anos de vida sacerdotal dedicados a Bergantiños.

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?