A Santa Cruz

por

O sinal do  cristián é a Santa Cruz. Persignámonos e santiguámonos. A Cruz coroa as nosas igrexas, os nosos panteóns…Os cruceiros son unha cristianización da paisaxe galega, posta así en oración. Cada cruceiro ten a súa historia, mesmo, ás veces, a súa lenda. Hainos que serven de altar nas procesións do Santísimo Sacramento; outros son referencias para rezar cando pasan as conduccións fúnebres.

No Venres Santo, cando se celebra o Vía Crucis (Camiño da Cruz) no coliseo de Roma, o papa leva a cruz nas últimas estacións. Os nosos xóvenes, na Semana Santa, son portadores, entre todos, da gran cruz que hai na igrexa, e que posta a carón da imaxe de Nosa Señora das Dolores, produce paz, sosego interior, porque Santa María está connosco en cada cruz que padecemos. E son moitas. O evanxeo de San Lucas (IX, 23) fala de “levar a cruz da cada día” (frase do Señor).

Pero tamén San Paulo (Gálatas. VI, 14) di que “temos que gloriarnos na Cruz de Xesuscristo”. En efecto, o que foi instrumento de dolor, tamén é o que nos abre as portas da resurrección. Isto explica festas que hai nas nosas parroquias chamadas “de Santa Cruz”. Así en Ribadulla e Montaos que teñen a Cruz de Cristo por patroa.

Hai tamén o marquesado de Sta. Cruz de Ribadulla, nidiamente galego e con raicenas bergantiñás.

En Santa Cruz de Montaos, hai a aldea de Bermui, que deu nome á proxenie dos Bermúdez, que, en Bergantiños fixéronse  Bermúdez de Castro, Bermúdez de Traba, e, nas paraxes da súa orixe, Bermúdez de Montaos.

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?