A tradición xacobea na Costa da Morte

por

Hai un punto de referencia que é Santiago de Cereixo. Foi porto de mar a onde chegaban peregrinos que seguían a pé a Compostela. Según López Ferreiro aquí en varias ocasións o rei Alfonso IX no ano 1.228, firmando documentos que foron publicados por Parga Pondal.

A portada sur da igrexa de Cereixo representa o traslado do Corpo de Santiago tras padecer martirio en Xerusalén. Estamos nun tempo dos anos finais do século XII ou iniciais do século XIII. Esta representación de  translatio era tida como a máis antiga entre nós. Pero unha moeda acuñada na ceca compostelá en tempos de Fernando II (1.157 – 1.188) veu privar desa condición primixenia ó dintel de Cereixo.

Esta moeda foi atopada polo Dr. Carro Otero en excavacións feitas no Adro Vello, de O Grove-Pontevedra. Hoxe gárdase no Museo das peregrinacións en Santiago de Compostela.

Na representación de Cereixo vemos unha sinxela barca que boga nun mar ondulado. No seu interior vai un corpo tumbado, rodeado de sete persoeiros, nos que salienta o do medio cunha cabeza meirande. Son anxos e os discípulos de Santiago, Teodoro e Atanasio.

As ondas van en tres liñas sostendo o navegar da barca. No centro da mesma, deitado, vai o corpo santo.

Na  clave do arco hai unha figura con báculo e mitra como bendicindo. Hai quen identificou aquí ó Apóstolo, pero outros, quizais con máis acerto, entenden que aquí está Teodomiro, bispo de Iria cando o achádego do sartego en Compostela. Vese tamén un anxo  turiferario. O que recorda a célebre escena que recolle el Tumbo A. O anxo incensa, Teodomiro venera o Corpo de Santiago xacente no seu sartego.

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?