O cambio climático

por parroquiacarballo

Problema de actualidade para toda a humanidade. O papa Francisco, que xa publicara unha encíclica sobre esta cuestión (a “Laudate si”), de novo vén de insistir porque observa que non imos mellorando, senón, a peor. Agora, pois, publicou “Laudate Dominum”.

Certamente, o noso planeta, o sistema solar, toda a Creación vén experimentando cambios, unha evolución que os científicos estudan e dannos cifras moi altas dos millóns de anos que durou todo o proceso.

Pero cando nos nosos días falamos de “cambio climático” referímonos ó deterioro que experimenta a Terra, o ambiente que é o hábitat humano.

Este agora alarmante deterioro empezou a notarse a mediados do século XX cando se descubriu que os pingüinos da Antártida tiñan DDT, é dicir, un insecticida que se empregaba para defender as colleitas nas nosas leiras.

Nace así un movemento ecoloxista. Que avisa: a capa de ozono que nos protexe dos raios ultravioletas está moi débil, afectada por tantos aerosoles que  os humanos manexamos. Coidado, pois, co Sol nas praias. Precísase unha crema protectora adecuada. Sube a temperatura no planeta por tanta fábrica que hai. Increméntase o CO2 na atmosfera por tanta circulación de avións e coches. Derrítese o helo do ártico. Os osos brancos quedan sen espacio vital. Sube a temperatura e o nivel do mar. Consumo excesivo de combustibles fósiles, que, ademáis, hai reservas limitadas. A auga un ben escaso. Os ríos, os mares, cheos de plásticos, un producto non biodegradable. Pérdense especies de animales e plantas porque os seus hábitats non son respectados.

A reacción pide enerxía solar, eólica ou xeotérmica. A descarbonización por hidróxeno verde. Etc. Etc.

Resumindo.- Os principios para loitar contra o cambio climático son: Reducir, Reutilizar, Reciclar.

Ideal ó que temos que ir.- A economía circular. Residuos: cero. Xa hai empresas nas que se practica esta economía.

Como crentes cristiáns, cumprindo o mandamento do amor ó próximo, temos obriga de manter a Terra san, fermosa, acolledora. Tanto para os  moradores de hoxe, como para as xeracións vindeiras que teñen dereito a unha morada digna, como irmáns, fillos de Dios. Coidemos, pois, o planeta.

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?