Os nosos cruceiros II

por

Representan a crucifixión de Cristo, polo xeral, tamén aparece Nosa Señora da Asunción. Polo tanto, a obra cume da nosa Redención e a  aplicación da mesma a unha criatura privilexiada, Sta María. Dando a entender que todos somos beneficiados pola obra de Cristo.

Cruceiro de San Xoán de Carballo.- Un pouco agochado pola arboreda que o rodea. Está no mesmo adro parroquial, sobre unhas gradas de pedra. Decorado con símbolos da Pasión, cruz latina, con nós, semellando unha albre. O Cristo dá sensación de seguridade. María, en actitude orante. Nunha das caras da peana vemos a data: 1.811.

Cruceiro de Ardaña.- Cristo crucificado con tres clavos. Nai leva coroa. O tratamento anatómico está moi logrado. María Santísima, orante, moi ben tratada a túnica e manto que viste. Leva data de 1.797.

Cruceiro de Rus.- O Cristo aparece coa cabeza inclinada cara o lado dereito, coma se xa estivese morto. O perizoma dá sensación de volatilidade. María, sedente, apoiada sobre duxos. Leva data de 1.866.

Os cruceiros son, polo xeral, obra de arquitectura popular. Hainos desde o século XV, Castelao estudou boa parte dos cruceiros que hai no triángulo Santiago – Noia – Rianxo.

Os PP Franciscanos contribuíron moito coa devoción á Pasión de Cristo,  a que se erisixen cruceiros. Están protexidos pola lexislación española. Son Patrimonio Artístico e Cultural. Ultimamente lamentamos atentados e roubos de cruceiros, así como que, en novas construccións aparezan cruceiros feitos por encargo particular. Non teñen estes a pátina do tempo nin tradicións ou lendas populares. Pero sexan benvidos. Os nosos poetas tamén cantaron a beleza dos nosos cruceiros. Cuidémolos.

O Cristo de Bértoa.- No mesmo adro parroquial. Con plataforma ou pousadeiro para a procesión do Corpus. Base exagonal.

———-

Cruceiros hai que foron erexidos pola piedade particular, ou da veciñanza, en memoria dalgunha traxedia. Había cruceiros onde paraban as conduccións fúnebres para rezar un responsorio. Cruceiros nos que o pobo ofrendaba espigas de millo, cruceiros que presidían a xuntanza dos veciños, ou formaban un Vía Crucis, ou sinalaban o percorrido das procesións.

Galicia é unha terra crente.

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?